TRAXECTOS (Galego)

TRAXECTOS

É a representación icónica (sinais, marcas, guías, mapas, cartografías, avisos…) do camiño.
Os espazos que crea o camiñar da mirada. As transformacións dos espazos ó seren transitados. Os traxectos reais e os imaxinarios, os materiais e os soñados. Os traxectos mirados e os falados, os retratados, os contados. Narracións, viaxes, ou refachos fragmentarios de vida.
Traxectos e un camiño aberto, interactivo. Pon o pé. Dá o paso.